Extraescolares para mellorar no cole

Actividade extraescolar en colaboración coa Anpa Conchases – C.E.I.P. Rosalía de Castro (O Grove):

ESTIMULACIÓN VISUAL PARA MELLORAR O RENDEMENTO ESCOLAR”

Na nosa consulta estamos recibindo a nenos con problemas na lectura, na comprensión lectora, con ollos chorosos cando fan deberes ou len, somnolencia aos 10 min de ler ou facer deberes, dores de cabeza, con tics nerviosos, tapan un ollo para ler de cerca, volven a ler o texto para comprender, seguen a liña co dedo, falla en operacións simples de matemáticas, é torpe en xogos de pelota, etc, todo isto por problemas da visión binocular. A gran maioría teñen unha visión do 100% pero o seu sistema visual non é eficaz. Esta condición pode entrenarse e por iso nos ofrecemos como apoio ao éxito escolar destos rapaces, porque sabemos que eles son o futuro!! Os seus ollos están en plena formación e que funcionen ben nestas idades repercutirá tamén na súa vida adulta.

¿A quen vai dirixida a actividade? Nenos e nenas de 6 a 12 anos. Teñan problemas coa visión ou non, usen gafas ou non.

Desenvolvemento da sesión: 1 hora semanal en sala especialmente habilitada para a estimulación visual, onde se traballarán todas as habilidades visuais con xogos e actividades divertidas adaptadas a cada idade.

Todas estas actividades repercutirán:

  • Na mellora da eficiencia visual e rendemento escolar, teña síntomas o neno ou non os teña, porque do que se trata é de potenciar un rendemento visual máximo e previr futuros problemas visuais

  • Na comprensión lectora e nas operacións matemáticas

  • Na súa autoestima, porque moitos pensan que teñen que aguantarse coas molestias e que non poden mellorar, e todo o contrario!!

  • Aumentarán o seu rendemento deportivo, ao mellorar a visión periférica e a velocidade de rastreo visual

Realizaremos un exame visual completo a cada neno/a cada trimestre, para poder evaluar os progresos. Os pais/nais que o desexen poden pedir tutorías, onde poderán ver os avances e se é necesario reforzo con traballo na casa, dependendo de cada caso.

Lugar: A Óptica de Ana

Rúa Castelao,29

Teléfono 986-730082